









|
RIBEIRO 4-0 MASIDE
Polo ribeiro xogaron:
Kike, Izan (Borja), Pablo, Adrián (Baena), David, Rodri, Balas, Jose, Iago (Lucas), Gabri, Cani.
Malo, moi malo o partido xogado pola nosa parte. O mellor foi o resultado, aínda que mal faríamos se nos quedasemos con eso.
Pouco que falar do partido; non fixemos un control bo, non demos tres pases seguidos xogamos sen intensidade e por momentos fomos dominados por un Maside eso si mellorado dende a primeira volta.
Aínda que o partido foi malo no primeiro tempo oubo moitas ocasións por ambas partes, debido a que eles presionaban moi arriba recuperaban balón pola nosa ineficacia na saída e creaban ocasión, pola contra xogaban coa defensa moi adiantada e cada balón as espaldas era un man a man. Debido o acerto dos porteiros e os erros cara porta o resultado o descanso foi de 1-0 gol de Rodri.
O segundo tempo foi un calco do primeiro con menos ritmo xa que eles foron de máis a menos, nos igual; nada.
Así e todo chegaron tres goles máis un de Gabri e dous de Cani, ademáis Gabri errou un penalti.
Este partido sacamolo adiante porque este equipo individualmente e mellor co rival.
O sábado as 16,15 xogamos en Rubiá contra o Barco. Segundo contra terceiro.
Por motivos técnicos non poudemos enviar a crónica do partido co Lemos que agora facemos:
LEMOS 1 - 2 RIBEIRO
Polo Ribeiro xogaron:
Kike, Chechu, Pablo, Adrián, David, Rodri, Gabri (Borja), Jose, Iago (Victor), Angel (Lucas), Balas (Izan)
Partido intenso o xogado o sabado en Monforte entre o terceiro e o cuarto clasificado.
No primeiro tempo tivemos unha gran posesión pero nos primeiros vinte minutos faltounos profundidade e apenas chegamos con perigo.
Fomos mellorando co paso dos minutos, Rodri e Jose controlaban o medio campo, atras estabamos ben pero non acadamos de encontrar e combinar cos de arriba.
O que si fixemos foi empezar a chegar máis por bandas sobre todo cas entradas de Chechu pola dereita; as chegadas eran máis e con máis perigo. Nunha delas quedalle un balón morto a Gabri diante do porteiro e cruza para faer o 0-1.
Antes do descando tivemos un par de ocasións máis por medio de Gabri e Angel pero o marcador xa non trocaría.
O Lemos tentaba crear perigo con balóns longos e buscando segundas xogadas pero nestes primeiros corenta e cinco minutos apenas tiveron acheamentos.
Na segunda parte o guión seguiria sendo o mesmo. Pero pouco a pouco fomos perdendo frescura e posesión, eles seguían buscando o empate con balóns longos e con balón parado. Sabíamos que o seu maior perigo era precisamente o balón parado e así chegaría o empate. Falta que sacan dende a parte esquerda e remate dun xogador locar a rede. 1-1.
Voltamos a buscar o gol que nos puxera por diante. Ahora as nosas chegadas eran máis a contra.
O segundo gol chegaría a dez minutos do final. Pase de Rodri en profundida para Iago, este quedase só diante do porteiro e o seu remate e rechazado por este, pero o balón caelle a Lucas que empurra a rede. 1-2
De ahí ata o final peleamos para manter o resultado. Eles voltaron a ter unha clara ocasión noutro balón parado pero esta vez Kike cunha boa intervención envía a corner.
Co 1-2 chegariamos o final do partido. Tres puntos importantes que nos colocan no terceiro lugar.
|
AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:
2080 0342 64 040014239

Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook

Un novo blog comeza



PREBENXAMÍN 2010/2011
CAMPIÓN LIGA DIVISIÓN HONOR

INFANTIL 2010/2011
CAMPIÓN DA COPA DEPUTACIÓN

III Torneo Alevín
Tiempo

Colabora

 |