![]() |
![]() |
|
Rua 4 - Ribeiro FC 0 Partido xogado o sábado na Rua. Polo Ribeiro xogaron:
Kike, Chechu, Pablo, Adrián, David (Borja), Juanma (Rodri), Angel (Dani), Jose (Izan), Iago, Romario, Cani (Lucas)
Deu comenzo o partido con tímido dominio do cadro local. Así e todo a primeira ocasión sería para nos, nun tiro lonxano de Cani onde o balón vai a cruceta, o rechace caelle a Angel quen só diante do porteiro non acerta a marcar. No minuto 30 eran eles quen se adiantaban. Nun dos múltiples erros de marcaxe o seu mellor xogador recibe fora da area dalle tempo a colacarse orientar o balón e dende a media luna saca un dispara imposible para Kike.
Antes do descanso chegarían duas ocasións unha para cada equipo pero co 1-0 acabaría este primero tempo.
Os dez primeiros minutos da segunda parte foron moi similares os primeiros 45, a partir de ahí reflexamos unha lixeira melloría e empezouse a xogar máis en campo deles, crearíamos un par de claras ocasións a balón parado que por pouco non materializamos.
A continuación Chechu avisaba cun lanzamento dende fora da area o pau. E cando mellor estabamos a dez do final penalti cometido sobre Iago. El mismo lanza e o porteiro evita o empate.
Na seguinte xogada contra local e 2-0. Acto seguido outra contra e penalti que o Rua transformaría poñendo o 3-0. Ademáis expulsión de Borja por protestar. Xa no desconto e en pleno desconcerto do noso equipo redondearían o marcador cun contundente 4-0. Nesta xogada e tamén por protestar chegaría a expulsión de Adrián.
En canto o noso equipo decir que non estivemos ben, quizais o resultado sexa demasiado avultado para o que se viu no campo pero as sensacións non foron boas. Decir tamén que o visto nos ultimos dez minutos non se pode repetir, andando, deixandonos ir, protestando...
O vindeiro fin de semana toca descansar. Xa no seguinte xogaremos contra o Velle.
Imaxenes dun dos partidos de preparación da tempada recentemente iniciada cunha derrota na Rua |
AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:
Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook
Colabora
|
|||||||||||||||||