Noticias do Rexional

Lamentable

Na tarde de onte puidemos comprobar situacións varias que podemos consideralas moi lamentables, sobre todo pola falta de comprensión e solidariedade dun equipo considerado amigo, aínda que se todos os amigos son como este é para botarse a tremer.

É lamentable que cada vez que chove o campo quede alagado nalgunhas zonas. A necesidade dun campo de herba artificial faise cada vez máis necesario, non só para o noso club senón para todos, polo menos para os do Concello de Ribadavia.

Xa á mañá puidemos comprobar o estado do campo de terra e, tamén o Xestal de herba, que aínda que a súa drenaxe é moito mellor que o do Souto, tamén sofre moito. Pero, aínda que é lamentable que sigamos sufrindo estas condicións, o é aínda máis que un equipo da mesma comarca obrigue a celebralo sabendo que nin os xogadores nin os espectadores ían gozar do espectáculo, e o que é máis triste, que o campo ía quedar inservible por moito tempo.

E dicimos que é triste porque eles tamén teñen un campo de herba natural e saben moi ben o que pasa se se xoga tendo as mesmas condicións que presentaba na tarde de onte o campo de San Cristóbal. Daba a sensación que esa terquedad quería ocultar problemas internos do Leiro, ou simplemente querían despedirse do banco os adestradores que a partir de hoxe xa non seguirán á fronte da dirección técnica.

Pero o máis lamentable de todo son as graves acusacións que verten na súa páxina de Facebook. Dicir que se abriron as mangueiras para que o partido non se xogase é ter un gran descoñecemento de todo o relacionado co fútbol da comarca ou simplemente unha maldade esaxerada cara a todo o que lle rodea. O cal non é bo para o fútbol, e moito menos para un club tan respectable como o Leiro.

Aínda que o máis indignante é o ataque malintencionado que se fai sobre a Escola de fútbol, da que por certo, algún xogador do seu persoal actual estivo nela a tempada pasada.

Grazas á obstinación dos dirixentes do Leiro en xogar ese partido vai obrigar a xogadores do equipo infantil a ter que adestrar e xogar no campo de terra, porque non só xoga o equipo de 2ª Rexional nese campo, senón que tamén o fai algún equipo do fútbol base. Supoño que non terán ningún problema en facilitar as súas instalacións para que poidan exercitarse os xogadores dese equipo, aínda que coñecendo a súa negativa a cedelas en varias ocasións para que non estragase o seu campo, dubidámolo.

Cremos que fose moito mellor que antes de escribir nada na súa páxina documentouse ou preguntado a algún xogador do seu equipo que se atopaba no Xestal de terra pola mañá e que viu cal era o seu estado, porque, ademais, supoño que se pasaría por San Cristóbal para ver cos seus ollos o que xa lle dixeron, que o Souto estaba moi mal. Non creo que vise as mangueiras funcionando para alagar as porterías.

Alguén poderá dicir que é un problema noso o como queda o terreo de xogo para as próximas semanas e ten toda a razón, por iso intentamos defender os nosos intereses, que por certo non ían ou non deberían ir en contra do Leiro. Se eles son felices co acontecido, logo que non esperen dos demais comprensión cando chova como onte e teñan que xogar no seu campo. Arrieros somos en no camiño atoparémonos

 

 

 

 

 

AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:

2080 0342 64 040014239

Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook

 

Un novo blog comeza

 

OSCAR FERNÁNDEZ

ADESTRADOR DO INFANTIL

 

INFANTIL 2009/2010

CAMPIÓN DA COPA DEPUTACIÓN

 

III Torneo Alevín

Encuesta:

¿Consideras adecuadas as instalacións dispoñibles para a práctica do fútbol?  

Tiempo