![]() |
![]() |
|
Primeira vitoria do pre-benxamín Partido disputado no Pavillón do Consello entre Ribeiro FC e Arenteiro arbitrados polo mítico Pele de Carballiño ante unhas bancadas arroupadas por moita xente, entre eles todo polo equipo de Benjamín B que viñeron animar aos seus antigos compañeiros do fútbol sala. Partido sen cor xa desde un principio pola superioridade dos nosos xogadores. A forza e rapidez de púxoos moi rápido do seu lado o partido o que propiciou unha boa oportunidade para darlle moitos minutos aos xogadores de primeiro ano para que se vaian afacendo xogar cada vez máis. O equipo visitante dirixidos por un bo amigo Julio, un veterano do futbol sala e que sabe moito disto, terá moito traballo con estes xogadores, todos eles son de primeiro ano no fútbol sala, tendo entre eles algún mini ( 5 anos ) que non deixaron en ningún momento de porlle ganas ao partido e cun gran porteiro que resolveu cunhas boas paradas nun contra un cos nosos xogadores, o que fixo que o resultado non fose aínda maior. Hai que destacar a todo o equipo local, xa que desde o porteiro ata o último xogador do banco estiveron moi correctos durante todo o partido, tanto dentro como fose da cancha, sen perderlle o respecto ao equipo contrario. RIBEIRO FC.- SAMUEL, XIAN ANTON, JUAN, ADRIAN, HUGO GOMEZ, SIMON, HUGO CARRERA, ISMAEL, DIEGO. MARCARON: ADRIAN 3, ISMAEL 2, HUGO GOMEZ 1, JUAN 1, HUGO CARRERA 1, DIEGO 1. EMF ARENTEIRO: ADRIAN, DAMIAN, SAMUEL, MANUEL, UNAI, HECTOR, MIGUEL, JONI, ALVARO, ESTEVEZ, OSCAR, DANIEL.
|
AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:
Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook
Colabora |
|||||||||||||||||