EditRegion4

Moi pronto vai comezar a liga prebenxamín 2010/11

Os equipos de prebenxamíns e iniciación comezan os adestramentos e partidos de preparación para unha tempada que pode ser moi igualada. Este ano podemos destacar o troco de pavillón, pasando do Pavillón de Maquiáns ao do Concello. Este troco débese a unha de esas decisión do Concello que non entendemos e que, por suposto, non compartimos. Dita decisión ven ao poñer o Concello de Ribadavia a disposición dun club, sen actividade coñecida nos últimos anos, o Pavillón de Maquiáns nas horas establecidas en anos anteriores ao Ribeiro F.C., baseándose na maior antiguedade de ese club, co conseguinte quebranto de nosos intereses.

Cremos que detrás de esa decisión hai intereses ocultos que non coñecemos. Veremos que é o que sucede cando fágase realidade o novo pavillon para a ximnasia rítmica que se esta a facer en Ourense. Nese momento veremos que raíces teñen as persoas que se fixeron cargo dese club e se manteñen a todas as ximnastas en Ribadavia ou non

Pero o importante é a actividade dos nosos nenos e a continuación do traballo realizado por eles. Co respecto ao Ribeiro F.C. prebenjamín 2010/11 no plantel seguen do ano pasado: Iker, Aaron, Anxo, Gabriel, Yoel, Sergio. Dominick e Maikel, incorporáronse de iniciación Xian Antón, Samuel, Adrian e Juan. Temos novas incorporacións como Teo, Abraham e Hugo. O adestrador segue a ser Nando tendo ao xogador dos xuvenís Adrian como colaborador. O nenos e nenas que pertencen a esta categoría son os nacidos entre os anos 2003 e 2004. Ademais seguimos co equipo de Iniciación adestrados por Pucho. De momento apuntáronse nesta sección Pablo, Anxo, Dereck e Javier aínda que estamos abertos a novas incorporacións.

Hai que destacar que a pretempada xa esta iniciada, xa que o pasado sábado 23 enfrontabámonos no Pavillón do Consello de Ribadavia ao Ponte Ourense cun resultado adverso de 1-5. O venres 29 enfrontabámonos ao Vila do Arenteiro no Paco Chao de Carballiño, equipo novo nesta categoría, cun resultado final de 3-5 a favor do nosos nenos; O sábado 30 non puido ir o adestrador Nando e nesta ocasión foi Makiko quen dirixiu ao equipo. Desprazabámonos a Celanova obtindo o resultado de 2 - 4 a noso favor . O equipo está empezando a coller a forma e a recoller os ensinos dos seus adestradores.

 

 

 

 

 

 

AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:

2080 0342 64 040014239

Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook

 

Un novo blog comeza

 

ADRIÁN SANTÁS

CAPITÁN DO EQUIPO XUVENIL

 

PREBENXAMÍN 2010/2011

CAMPIÓN LIGA DIVISIÓN HONOR

INFANTIL 2009/2010

CAMPIÓN DA COPA DEPUTACIÓN

 

III Torneo Alevín

Encuesta:

¿Consideras adecuadas as instalacións dispoñibles para a práctica do fútbol?  

Tiempo

 

Colabora