![]() |
![]() |
|
CHEGA A HORA DA VERDADE Terminada a "pre-tempada" comeza a fase definitiva da Liga Galega Infantil. Foron 17 partidos onde puidemos comprobar unha gran evolución tanto do equipo como dos xogadores e onde nos achegamos ao nivel do resto de competidores, aínda que aínda estamos lonxe. Fíxose longa a primeira fase e o equipo notou no ánimo as avultadas derrotas que cultivabamos fin de semana se e fin de semana tamén. Lóxico, xa que é difícil manter a intensidade mostrada ao principio con tanto partido perdido. Pero agora é o momento definitivo onde temos que mostrar que a diferenza non é tanta e todos, empezando polo club, debemos impulsar ao equipo para manter a categoría. Será moi, moi difícil, pero debemos intentalo. O día 4 de febreiro comeza a liga a dobre volta. Nós farémolo o día 11 contra o Arenteiro, xa que a primeira xornada descansamos. Unha semana máis para preparar o asalto á permanencia e lograr NON estar nos dous últimos postos da clasificación o día 9 de xuño, día no que xogaremos co Cd Ourense en casa o último partido. TODOS UNIDOS PODEMOS CONSEGUILO. O calendario do Play-off do descenso da Liga Galega Infantil
|
AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:
Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook
Colabora |
|||||||||||||||||