Noticias infantil

RIBEIRO 5 VALLADARES 1
 
 
Polo Ribeiro xogaron
 
Juan (Anxo), Jose, Totti, Gabi, Julio, Yesu (Abel), Alex (Fabio), Luis, Alejandro (Samuel), Aarón, Adrián (Xoel).
 
 
Partido de volta das semifinais de copa deputación na que con este resultado xunto co 2-0 que xa colleitamos na ida plantamonos de novo na final cun global de 2-7 na eliminatoria.

O partido quedou sentenciado nunha gran primeira parte. Neste primeiros corenta minutos tivemos o control absoluto, tivemos a posesión do balón e xeramos numerosas ocasións de gol cun futbol combinativo

Todo se puña de cara os catro minutos cando Aarón recibe un pase en profundidade e cruza ante a saída do porteiro local. 0-1.

Os quince minutos falta que saca Totti e remata a rede Adrian poñendo o 0-2.

O terceiro chegaría tras unha fermosa combinación de todo o equipo que tras varios pases o balón chega a frontal da area onde Alejandro mete para o desmarque de Aarón, este centra e no segundo pau chega Adrián para esta vez de cabaza sentenciar a eliminatoria 0-3

Un pouco antes do descanso e tras varias ocasións perdidas chegou a máis clara; combinación en medio campo onde recibe Alex que cun gran pase longo deixa só diante do porteiro a Adrián este pica e vaise fora por pouco.
 
Despois do descanso o partido foi a menos, xa todo estaba decidido. Só resaltar que Alejandro tras pase da morte de Aarón e o propio Aarón farian os dous goles restantes do noso equipo e o Rua recurtaría distancias con dous goles case o final do partido.
 
Agora toca xogar a promoción de asecenso a Gallega. Este fin de seman xogamos en Vigo contra o Valladares.
 
A final terá que esperar un mes aproximadamente e o rival será o mesmo das últimas dúas edicións, polo tanto felicitar dende aqui tamén o Verín que demostrou chegar a este final de tempada moi forte. Tamén ao cadro técnico, xogadores e pais do equipo infantil pola gran tempada que están a facer. Un grupo moi unido que demostra en todo-los partidos unha grande deportividade e esforzo. Noraboa novamente

 

 

 

AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:

2080 0342 64 040014239

Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook

 

Un novo blog comeza

 

KIKE

GARDAMETA DO EQUIPO XUVENIL

 

PREBENXAMÍN 2010/2011

CAMPIÓN LIGA DIVISIÓN HONOR

INFANTIL 2010/2011

CAMPIÓN DA COPA DEPUTACIÓN

 

III Torneo Alevín

Encuesta:

¿Consideras adecuadas as instalacións dispoñibles para a práctica do fútbol?  

 

Tiempo

 

 

Colabora