![]() |
![]() |
|
RIBEIRO 6 - 1 VERIN Polo Ribeiro xogaron:
Anxo (Juan min. 56), Adrián, Totti (Jose min. 52), Gabi, Julio, Alejandro (Jesu min. 50), Alex (Fabio min. 58), Luis, Abel, Aarón, Guille (Xoel min. 58).
1º Tempo.
Non empezamos moi ben o partido, aínda así adiantamonos no marcador por medio de Guille no minuto 13 o recibir dentro da area e cruzar coa zurda lonxe do alcance do porteiro visitante.
A pesar de ir por diante seguiamos sen ter o control do partido. O Verín xogaba moi agresivo e presionando moi arriba, o que faia o partido moi trabado.
Xa no minuto 20 o Verín acadaría o empate 1 - 1 nunha contra na que Anxo sae fora da area para despexar, chega antes o dianteiro e marca.
A partir dese gol fixemonos co mando do partido e xa non voltariamos a sufrir practicamente ningunha ocasión ata o final do encontro.
Dominabamos máis por empuxe que por futbol, e así lograríamos pornos por diante outra vez no marcador no minuto 30. Falta sobre a esquerda do noso ataque, Alex golpea e consegue un importante gol. 2 - 1.
Ampliariamos diferencias antes do descanso; primeiro Guille no minuto 36, de forte tiro dende fora da area establecía o 3 - 1 e logo Adrián no minuto 40 na mellor xogada do primeiro tempo rompendo dende atras e logo dun pase de Alex marcaba por encima do porteiro . 4 - 1.
Con este resultado chegariamos o descanso.
2º Tempo
No segundo tempo melloramos moito, a defensa estivo impecable defendendo e sacando o balón xogado, e o resto do equipo acompañou a bo nivel. Tivemos o balón e dominamos de principio a fin.
Chegarían máis ocasións pero non sería ata o minuto 55 cando Guille facia o terceiro na sua conta e poñía o 5 - 1.
Xa no minuto 70 Aarón recibía na frontal da area e coa sua perna dereita de tiro raso e colocado acadaba o definitivo 6-1.
No seguinte encontro visitamos Xinzo para xogar contra o Antela.
|
AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:
Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook
|
|||||||||||||||||