EditRegion4

RIBEIRO 5 - 1 BARBADÁS
 
Polo Ribeiro xogaron:
 
Anxo, Adrián (Xoel, min 64), Totti, Gabi (Valentín min 67), Julio, Luis (Pedro min 67), Alex, Alejandro (Jose, min 56),Abel, Aarón, Guille
 
PRIMEIRO TEMPO
 
O partido comenzou con dominio do Ribeiro, tendo máis posesión e máis chegada. Así os quince minutos e despois de varias ocasións Aarón anotaba o primeiro gol do partido e da tempada cun tiro cruzado dende a frontal da area.
Seguiamos tendo ocasións, pero sería Alex os vintecinco minutos de libre directo por encima da barreira  quen establecería o 2 - 0.
Nos últimos minutos da primeira parte era o Barbadas quen tentaba recurtar distancias, e acadaríao nunha contra por medio do seu dianteiro chegando a  area e de forte disparo coa zurda conseguia o tanto. Foi a única vez que encontrou oco para tirar a porta, xa que no resto do partido estivo perfectamente marcado por Julio.
Antes do descanso aínda chegaría unha clara ocasión para o noso equipo; boa xogada de Aarón dentro da area, cede para Alejandro que envia por encima do longueiro.
 
SEGUNDO TEMPO
 
Despois do descanso chegarían o mellores minutos do Barbadás onde inquietarían a nosa portería nun par de ocasións desbaratadas por Anxo.
A partir do minuto 10 continuaría o partido co mesmo guíon do primeiro tempo; balón e ocasións para o noso equipo.
O cuarto de hora Guille de forte tiro cruzado coa zurda poñía o 3-1 e daba un pouco de tranquilidade.
No minuto vinte Alex novamente cun gran lanzamento de falta a escadra sentenciaba o choque, 4-1. Só tres minutos despois Adrían establecería o definitivo 5 - 1 o empurrar a rede unha boa combinación do equipo.
 
 
Primeiro partido da tempada no que o noso equipo a pesar do estado do campo realizou un bo encontro ante un bo rival, que seguramente o final de tempada estará peleando por un dos catro postos que dan acceso a xogar promoción de ascenso.
 

Xa na vindeira semana enfrontaremonos o Pabellón Promesas en Ourense

 

 

 

AYUDEMOS A LEVANTAR LA E.A.F.D. (ESCUELA DE FUTBOL EN HAITÍ) DONACIONES:

2080 0342 64 040014239

Mostra o teu apoio á Plataforma Ciudadá no Facebook

 

Un novo blog comeza

 

KIKE

GARDAMETA DO EQUIPO XUVENIL

 

PREBENXAMÍN 2010/2011

CAMPIÓN LIGA DIVISIÓN HONOR

INFANTIL 2010/2011

CAMPIÓN DA COPA DEPUTACIÓN

 

III Torneo Alevín

Encuesta:

¿Consideras adecuadas as instalacións dispoñibles para a práctica do fútbol?  

 

Tiempo

 

 

Colabora