![]() |
![]() |
|
|
Desprazámonos a Barbadás par xogar cun equipo que se está xogando o título de liga, o árbitro non chegaba e decidiron empezar o partido pitando un membro do Barbadas, os nosos empezaron o partido sen ganas e aos sete minutos perdiamos 3-0. No minuto 15 chegou o árbitro, ata ese momento, todo ía con normalidade.
A xogada do problema foi que desde o noso banco alguén se dirixe de malos xeitos ao árbitro, este dáse a volta e identifica a un xogador como o autor desas palabras e expúlsao, un membro do noso banco dille que ese xogador non foi o que se dirixiu a el senón que foi el mesmo, e este contéstalle "dáme igual". A partir dese momento os nosos perden os nervios ante a actitude do árbitro facía o noso equipo. No descanso tratan de convencerlle de que o rapaz expulsado non fixo nada, senón que era outro membro do banco, pero ao árbitro non entra en razón e acaba dicindo que o noso equipo é unha banda de macarras. Ante esta actitude o noso delegado négase a asinarlle o acta e a continuación suspéndese o partido con resultado de 4-0 para o Barbadás. A Directiva considera que non se debeu actuar así, senón que debería haberse asinado o acta e acabar o partido, aínda que non esteas de acordo co ocorrido. Dito isto consideramos que o noso club debe ser respectado. O noso equipo xuvenil é o último clasificado e descendido de categoría fai xa varias xornadas. Somos merecedores da nosa clasificación e a pesar de sufrir arbitraxes moi malas durante toda a tempada, estes non son os responsables da nosa situación. Por favor, non nos metan o dedo no ollo e deixen que terminemos a liga coa dignidade intacta. En ningún momento pensamos que exista unha persecución contra este equipo nin ningún outro do club, pero este ano, en concreto co equipo xuvenil, estanse pasando. |
||||||||||||||