Señoras e señores, este equipo cambiáronnolo. son os mesmos xogadores, pero a actitude é totalmente diferente.

Lóitanse todos os balóns e sobre todo, dá sensación de equipo. Santi, adestrador deste conxunto imprimiu un novo carácter perdido fai tempo.

É posible que as dúas vitorias consecutivas non sirvan para salvarse do descenso, pero ao ver ao equipo agora dános esperanzas para este ano ou para o seguinte. O único que non cambiou son as arbitraxes.

Temos moi mala sorte. Antes o xogo dos nosos non daban para queixas pero agora podemos dicir que temos moi mala sorte. Descontos de 15 minutos, expulsións por cousas absurdas. Esperemos que isto tamén cambie e podamos gozar de partidos de once contra once durante 90 minutos, 95 como máximo.

Hoxe aínda que volvemos sufrir gañamos a pesar de ir cun 3-0 ao noso favor e vencer ao final por 4-3.

Felicitar a Santi e a todos os seus xogadores por intentalo