Empate dos xuvenís ante o Verín

E xusto dicir que todo pónselle costa arriba a este equipo. Se non é o descontento duns e outros motivado, sobre todo, aos pésimos resultados, é o cambio de campo a última hora logo de adestrar e preparar o partido durante toda a semana no Souto.

Se en algo é importante xogar como local ou como visitante non é os seguidores que puidesen presenciar o partido, aínda máis nestas categorías, senón esta afeito a unha dimensións, xogar en herba ou en terra, etc.

Parece que todos os elementos están na súa contra. Pero o elemento que está máis na súa contra son eles mesmos.

É curioso presenciar como un partido que na súa primeira metade xogouse cun espírito de loita que nesta tempada aínda non viramos, con acerto cara a gol, sabendo o que facían en cada momento, a pesar de certos desaxustes defensivos, desaparece totalmente na continuación. As causas son complicadas de explicar e desde esta páxina, aínda que teñamos a nosa versión, non debemos expolas xa que os propios responsables do equipo están totalmente capacitados para analizalas e polas solución.

Como diciamos o partido empezou moi ben, marcando pronto á saída dun córner logo dun bo testarazo de Luís e sobrepóndose ao empate do Verín con outro gol de Luís ao cruzar o balón na saída do porteiro visitante.

O Verín comezou a pór cerco á nosa meta e conseguiu novamente o empate, pero ao fío do descanso Luís consegue o hat-trick logo de aproveitar un fallo clamoroso da defensa visitante. Con 3-2 fómonos ao descanso.

Na segunda parte chegou o afundimento de parte do equipo.

Unha parte comprometida en sacar o partido adiante e outra pensando no bos que son e deixando ao equipo en total inferioridade

. No entanto, esa parte do equipo que quería sacar os tres puntos a punto estivo de conseguilo, xa que o equipo visitante logrou igualar a contenda a falta de 7 minutos.

O positivo do partido é ver como cada vez son máis os xogadores que queren dar todo por sacar ao equipo do fondo

O Verín

O Ribeiro xuvenil

O árbitro da contenda cos capitáns

Luis marcou un hat-trick que só serviu para empatar