Análise da 2ª Autonómica xuvenil

A competición na 2ª Autonómica xuvenil vén marcada polo número de descensos producido na tempada anterior o que provoca que o nivel que ofrece esta 2ª autonómica é moi alto.

A primeira posición ocúpaa o Verín , equipo recentemente descendido, que segue imbatido unha vez acabada a primeira volta e que saca 8 puntos ao terceiro clasificado, este con un partido menos, o que lle outorga o título de candidato máximo ao seu regreso á primeira autonómica.

A segunda praza que dá dereito ao ascenso ten máis pretendentes, sobre todo se o Barbadás B non pode ascender. Para esa praza loitarán ata o final o Rua e Cortegada, sen esquecernos do Chantada que ultimamente cultivou uns bos resultados que lle levantaron na clasificación.

En relación co noso equipo o balance que podemos facer desta primeira volta é positivo, sobre todo se temos en conta as dificultades coas que se atopou o equipo, que foron moitas e variadas.

En primeiro lugar o equipo sufriu a reestruturación do cadro técnico ao pasar Santi, adestrador que empezou a tempada co equipo xuvenil, ao equipo de 2ª Rexional. A chegada de Sumi e Chiqui realizouse mediada a tempada e aínda que o coñecemento dos xogadores é máximo, puido influír no rendemento dos xogadores nos primeiros partidos.

En segundo lugar o persoal de xogadores que contabamos. A creación dun novo equipo xuvenil no municipio, a falta de xogadores no outro e a retirada dalgúns xogadores fixo que o persoal se disgregara, quedando o noso equipo cun persoal curto. O cal fíxose máis evidente coa chegada do inverno, as enfermidades e as lesións, que xunto coas sancións fan, por veces, moi complicado completar 11 xogadores polo que se fixo máis necesario contar con rapaces do equipo cadete.
Na actualidade atopámonos na zona media da táboa sen moitas opcións de conseguir o ascenso o que fai que o traballo estea máis encamiñado a facer un grupo competitivo para a tempada que vén, preparando aos de último ano para dar o salto á 2ª rexional e aos que quedan, xunto cos que subirán o ano que vén, para intentar o ascenso de categoría.

Analizando os números do equipo indícanos moi claramente cal é o problema principal, o gol. Aínda que somos o quinto mellor equipo defensivamente con 17 goles encaixados, no lado ofensivo somos os noveno con só 14 goles. O corpo técnico está traballando para remediar esta situación, o cal estamos convencidos que o poderá conseguir.

En definitiva, moito traballo o que lles espera aos nosos xuvenís nesta segunda volta e se todo resulta como esperamos aínda podemos dar unha sorpresa.

 

Equipo

J

G

E

P

GF

GC

DG

Pts

1

VERIN

10

8

2

0

38

5

33

26

2

BARBADAS B

10

8

0

2

42

14

28

24

3

RUA

9

6

0

3

36

13

23

18

4

CORTEGADA

9

6

0

3

27

16

11

18

5

STA TERESITA

10

5

2

3

29

23

6

17

6

CHANTADA

10

5

0

5

17

22

-5

15

7

RIBEIRO F.C.

10

4

1

5

14

17

-3

13

8

FRANCELOS

9

4

0

5

31

21

10

12

9

PONTE B

10

2

3

5

22

21

1

9

10

RIBADAVIA

9

1

0

8

11

46

-35

3

11

MACEDA B

10

0

0

10

9

78

-69

0