![]() |
![]() |
|
Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate. Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva. Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.
|
Sufrida vitoria Partido xogado na mañá do domingo no campo municipal do Xestal que se atopaba en moi malas condicións debido ás choivas caídas durante toda a semana. Esta situación condicionou o desenvolvemento do partido xa que os xogadores de ambos os equipos estaban máis preocupados por manterse en pé que noutra cousa. Os nosos comezaron ben xogando con combinacións rápidas polas bandas que puñan en perigo ao meta rival. Pero foi o Celanova o que se adiantou ao aproveitar un balón despexado pola defensa local que se freou polo barro, o que permitiu ao dianteiro recollelo e marcar de tiro certeiro imposible para Brais. Foi a única ocasión do primeiro tempo para o Celanova. Mentres tanto os nosos rapaces chegaban unha e outra vez á portería visitante creando moito perigo, pero sen poder concretalas. Os nervios ían subindo como a espuma ata que Roberto se interna na área e dá o pase da morte a Gabri que marca o empate. Con este resultado fómonos ao descanso. Na continuación todo seguía igual, o Ribeiro atacando e o Celanova aproveitándose do estado do terreo de xogo para defender os nosos intentos. A recompensa ao esforzo chegou á saída dun dos innumerables córneres. Roberto centra raso para Gabri que dispara e o balón chega a Angel que o empuxa á rede. Por fin puñámonos por diante no marcador. O equipo seguiu intentándoo con máis ganas que acerto. O definitivo terceiro gol chegou ao aproveitar Roberto un penalti cometido pola defensa do Celanova. Con ese gol e ata o final as ocasións sucedíanse pero sen conseguir perforar novamente a meta visitante. Este resultado afástanos un pouco dos postos de descenso e daranos moral para o próximo partido no que nos xogamos moito ante o Pabellón C, equipo que como o noso ten o obxectivo de salvar a categoría. Destacar o traballo feito por todo-los xogadores nun terreo de xogo impracticable que dificultaba moito o xogo combinativo que intentaban os nosos rapaces. O resultado foi curto para os merecementos dos nosos. Goles: Gabri, Angel, Roberto. Os goles podes velos aquí Xogaron polo Ribeiro: Brais (Kike), Angel (Pablo), Dani, David (Claudio), Jonatán, Gabri, Chechu, Izan (Antón), Iago, Jose , Roberto.
|
||||||||||||||