![]() |
![]() |
|
|
A un punto do ascenso Nunha xornada que se presentaba difícil para os cadetes, xurdiu o xogo rápido, que noutros tempos deunos tan bo resultado, para decantar o marcador a favor do Ribeiro. Comezaba o partido, coa incerteza que xeraba o resultado do encontro de ida, no que se perdeu por un 3-2 , que non reflectiu a diferenza real de xogo. Con estas dúbidas comezou o Ribeiro controlando o balón, e sen arriscar máis que o xusto, para lanzarse ao ataque cando tiña vantaxe. Así chegou o primeiro tanto do encontro executado por Iago nunha perda de balón na área contraria. Non se notou cambio de actitude nos equipos ata que se iniciou a segunda parte, en que lixeiras modificacións nas posicións dalgúns xogadores, déronlle máis alegría ao xogo, que se notou no gol de Roberto, un gran gol ao aproveitar un pase en profundidade de Adrián que Roberto remata dun gran tiro cruzado. Nun fallo do noso porteiro ante un balón no que faltou decisión no despexe. Non se notou o gol en contra, e as cousas continuaron polo mesmo camiño con ata, máis seguridade no Ribeiro e crispación e nervios no Barbadas, que terminarían desencaixados tras o terceiro tanto, de tiro de falta realizado por Roberto que pega na escuadra e Cani recolle o rexeite para pór o definitivo 3-1. Este resultado colócanos a 5 puntos do segundo e a 1 punto do ascenso matemático Goles: Iago, Roberto e Cani
Fotos de http://www.barbadasbase.blogspot.com/ |
|||||||||||||||||