Antela 3, Ribeiro F.C. 3, Alta tensión

Presentábase un partido difícil ante o rival máis duro da categoría e directo rival na clasificación.

Ante esta perspectiva, os nervios atopábanse a flor de pel en ambos os equipos e notaríanse as présas e os apuros no xogo xeral.

Con todo, a iniciativa tomouna o Ribeiro, que tivo a posesión do balón durante o encontro, pero sen a claridade necesaria ante a área contraria.

Así, na primeira parte, adiantábase o Ribeiro cun gol de Rodrigo, a saque de esquina de Roberto.

O Antela pola súa banda, igualaría o marcador grazas ás perdas de balón do Ribeiro nos seus ataques, e ao contragolpe máis a rapidez dos seus dianteiros, puñan en apertos á defensa do Ribeiro.

Adiantábase o Antela no marcador e o Ribeiro xogaría a remolque durante o resto do partido.

Iago e Juanma marcaron os goles que deixaban o marcador no empate final.

Agora toca facer balance aos xogadores e haber se se centran un pouco máis no que fan, danlle un pouco máis de intensidade nos partidos e sobre todo calma no xogo cando van por diante no marcador.

Goles: Rodrigo, Iago e Juanma

Ribeiro F.C.