Oira 0, Ribeiro F.C. 4, Bo partido

Partido tranquilo o que xogaron os cadetes no campo do Oira, nunha mañá fría, onde o rival non demostrou estar ao nivel dos cadetes do Ribeiro.

Comezaba o partido coa toma da posesión do balón polo Ribeiro, que non soltaría en toda a primeira parte.

Así, antes dos 5 minutos, Jonathan "Sui" de saque de falta, marcaría o primeiro gol do partido.

Con superioridade xogou o Ribeiro que puido marcar en varias ocasións, ata que Rodrigo, de tiro afastado que se lle escapou ao porteiro do Oira, puña o 0-2 a favor dos nosos.

A 2ª parte, máis dos mesmo, superior o Ribeiro e un pouco mais de loita no centro do campo, que as substitucións non farían máis que manter a tónica xeral do partido.

0 - 3 gol de Alejandro "Cani" a saque de falta que se lle escapou ao porteiro rival dos dedos.

0 - 4 Nunha xogada rápida que partiría do medio do campo tras unha recuperación de balón Roberto deixaba definido o marcador final. Bo partido.

Goles: Suizo, Rodrigo, Cani e Roberto

Ribeiro F.C.