Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa

pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva.
Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.

Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva.
Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.

 

 

 


 

Derrota sen paliativos

Hai veces que é mellor non levantarse de cama. Iso é o que deben estar pensando os integrantes do equipo cadete logo de ver o ocorrido na mañá do domingo.

A verdade é que os agoiros non presaxiaban nada bo e ás veces imos tan de pardillos que é normal todo o que nos ocorre. Empezamos porque non é normal que, cando ten programado un partido para un campo e este non serve, obríguenche a xogar noutro. Digo eu que ao Verín que ten tantos partidos atrasados nas diferentes categorías non lles obrigan a xogar no de herba. Se non serve aprázase, e se fai falta suspéndese toda unha xornada para xogar os atrasados. Pero bo non dixemos nada e, por suposto, NON SERVE DE ESCUSA, aínda que se influíse, sobre todo porque levamos varios meses sen pisar ese campo, porque puxemos moi tarde o partido porque varios xogadores viñan dunha longa viaxe e parecían esgotados xa antes de empezar, e encima temos que xogar nun campo que se nos fixo enorme e ante un rival moi ben situado que pelexa todos os balóns e que teñen calidade.

A realidade é que o partido acabouse nada máis comezar a segunda parte que o Chantada fixo o 0-3 e o equipo veu abaixo dunha forma espectacular.

O resultado moi xusto e só nos queda o sentimento de que noutro campo e estando un pouco descansados a historia podía ser outra.

Agora a subir a moral e intentar endereitar o rumbo para intentar facer algo bonito nesta Copa Deputación que acaba de comezar. Non temos marxe de erro e sabémolo. Comprobaremos a forza deste equipo a semana que vén ante o Pabellón

Goles: Roberto

Xogaron polo Ribeiro: Kike (Brais), Xian (Cani) , Dani (Arturo), David (Pablo), Jonatán, Juanma, Angel, Chechu, Iago, Roberto e Gabri (Izan)