Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa

pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva.
Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.

Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva.
Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.

 

 

 


 

Obxetivo cumprido

Último partido de liga xogado na tarde do sábado en Celanova.

Presentabámonos ao encontro coa necesidade e obrigación de sumar os tres puntos que nos outorgase a quinta praza na clasificación final sen depender dos resultados dos outros equipos. Para iso enfrontabámonos ao último clasificado que, a pesar do seu posto xa nos puxo moitas dificultades no partido de ida.

E así foi, xogando co aire en contra intentamos levar o peso do partido con triangulaciones pero o Celanova ben situado no campo dificultábanos moito a transición defensa - ataque. Tamén aproveitaba o aire a favor para levar perigo nos balóns longos. Aos 20 minutos de xogo un deses pases en longo chegou a Kike que na súa saída despexou en curto o balón chegando ao dianteiro local que de tiro elevado inauguraba o marcador e púñanolo máis difícil.

Os nervios nos atenazaron e as xogadas non terminaban de saír ben, xogándose moito tempo no centro do campo. Dez minutos despois do gol empatamos logo dun claro penalti cometido sobre Iago que este logrou introducir na portería, empatando o partido. Con este resultado fómonos ao descanso.

Aos cinco minutos da continuación Juanma entra en substitución de Dani e pouco despois Xian toma o lugar de Izan. Estes cambios deron máis forza ao equipo pero non conseguiamos impor un ritmo de xogo apropiado.

Faltando 20 minutos para a finalización Angel entra por Jonatan buscando o gol da vitoria. Un minuto despois, falta que saca moi ben Juanma, o porteiro despexa e Iago moi atento pon o 2-1. Iso tranquilizounos un pouco e deixou ao rival un pouco tocado.

A puntilla veu cando Gabri consegue controlar un balón dentro da área e bate ao gardameta do Celanova. De aí ata o final o control do xogo foi noso.

Con este resultado conseguimos a quinta praza e teremos que esperar ao mes de maio para saber se xogamos a fase de ascenso á liga galega. Para iso a Ponte de galega non tería que ter opcións de ascenso, o cal non parece probable, xa que a traxectoria que está levando a Ponte é sobresaliente.

No entanto o equipo cumpriu e esperará o premio. Mentres intentaremos facer un bo papel na Copa Deputación que comeza a semana que vén.

Goles: Iago (2) e Gabri

Xogaron polo Ribeiro: Kike, Cani , Dani (Juanma), David, Jonatán (Angel), Chechu, Izan (Xian), Jose , Iago, Arturo e Gabri