![]() |
![]() |
|
Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva. Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar. Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva. Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.
|
A vida segue igual Novo partido dos cadetes ante un dos equipos que se están xogando a segunda posición na clasificación final. O partido estivo marcado pola igualdade entre os dous contendentes sen que ningún dos dous equipos puidese imporse no centro do campo, aínda que o noso equipo tivo algunha ocasión clara para adiantarse no marcador. Non foi así e fómonos ao descanso co resultado inicial no marcador. Xa na segunda parte tivemos algunha ocasión clara que non soubemos materializar aínda que o dominio do balón era alterno. Cando transcorría o minuto 53 desta segunda metade ocorreu a xogada desgraciada do partido cando Kike tivo que deixar o seu posto ao sufrir un encontrón co dianteiro visitante. Parecía que o partido podía complicarse cando Iago gaña por velocidade e bate ao porteiro rival na súa saída. Este 1-0 deunos forzas, podendo rematar o partido nalgunha ocasión máis, ata que o dianteiro do Chantada controla o balón e en xogada persoal bate a Brais de tiro cruzado. Isto nos descolocou un pouco pero o rival non creaba ocasións de gol. Xa co tempo regulamentario cumprido, pasaban 4 minutos, nun saque de esquina o Chantada consegue o gol da vitoria. "A vida sigue igual" por desgraza seguímola cantando. Son xa moitos os puntos que se escaparon nesta liga no desconto dos partidos, Verín, Ourense, Ponte, Antela e Chantada son fiel mostra de noso destino. Agora chega unha semana de descanso e prepararemos o partido co Celanova, que obrigatoriamente debemos gañar para conseguir o quinto posto final. Xogaron polo Ribeiro: Kike (Brais), Cani , David, Dani, Jonatán (Angel), Gabri, Juanma (Arturo), Chechu (Izan),Iago, Jose (Guille) e Roberto.
Fotos de http://www.sdchantada.com/ |
||||||||||||||||