![]() |
![]() |
|
Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate. Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva. Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.
|
Vitoria moi importante na súa loita polo quinto posto Partido disputado no Xestal de terra o sábado pola mañá entre dous equipos que están loitando pola quinta praza na clasificación. O encontro esperábase que fose moi duro debido á fortaleza física dos xogadores do Polígono e non defraudou. Disputas constantes do balón e o equipo visitante que buscaba as costas da nosa defensa que estivo moi segura neses balóns a pesar da velocidade e calidade dos seus adversarios. O Polígono adiantouse moi pronto no marcador ao atopar o balón ao bordo da área o seu mellor xogador, un mediocentro moi forte, e disparar entrando o balón na portería sen que Kike puidese facer nada. Os nosos tiñan que remar contra-corrente, algo que non é novo para o noso equipo nesta tempada o que valeu para non perder a intensidade. O premio chegou cando Cani centra a Gabri que dispara, conseguindo o empate. Con este resultado fómonos ao descanso. A segunda parte saímos moi concentrados e conseguimos pornos por diante ao aproveitar Gabri unha incursión de Chechu pola banda dereita. Aos poucos minutos e sen tempo para a reacción puxemos terra por medio ao empuxar Gabri novamente un balón cedido por Roberto logo de protagonizar unha gran xogada individual pola banda esquerda. Ese gol acusouno o equipo visitante que cedeu a iniciativa aos nosos aínda que sen crear ocasións de gol debido á falta precisión. As combinacións perdíanse unha e outra vez por malos controis e pola presión que exercía o rival. No tempo de desconto o equipo visitante recortaba distancias ao aproveitar un desconcerto defensivo e que nos puña moi nerviosos durante os dous minutos que a árbitro prolongou. Por certo a xuíz da contenda estivo ben, pasando totalmente desapercibida. Con este resultado colocámonos quintos na clasificación a falta de dúas xornadas. Goles: Gabri (3) Xogaron polo Ribeiro: Kike (Brais), Cani, Dani, David, Jonatán (Juanma), Angel (Arturo), Jose (Borja), Chechu (Izan), Iago, Roberto e Gabri
|
||||||||||||||