Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa

pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva.
Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.

Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva.
Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.

 

 

 


 

Tablas nun partido cheo de loita en bó fútbol

Partido disputado o sábado pola tarde no campo de terra da Moreira. Outra comarca que necesita un campo de herba artificial para que os nenos de Xinzo poidan progresar, a pesar de que o campo de terra está a anos luz do noso, sobre todo en seguridade.

Volvemos comezar ben, xogando e combinando con rapidez. Así nunha gran xogada da nosa dianteira, Gabri recolle un bo pase e marca mandando o balón por encima do porteiro. Un gran gol na súa elaboración e execución.

O gol enrrabietó ao Antela que puxo unha marcha máis, pero os noso souberon frearlles. Iso non lle gustou ao equipo local que comezou a realizar entradas desmesuradas que o árbitro non só non cortou senón que alentou.

O tempo corría e o xogo íase endurecendo. Mediada a primeira parte os locais aproveitan un rexeite logo dun golpe franco e empata. Outra vez un erro estraño da nosa defensa facía que encaixásemos un gol.

O noso equipo seguiu mantendo un ritmo forte ata o descanso que chegou 6 minutos logo de cumprir os 40 sen que houbese motivos aparentes.

Na segunda parte o Antela saíu igual de forte pero sen realizar entradas bruscas, o que é de agradecer.

A loita seguía con bo fútbol pola nosa banda e igualando a forza que pon nos seus partido o equipo da Limia.

Nunha boa xogada por banda dereita prodúcese un centro que é rematado de forma maxistral por Angel. 1-2 e o equipo máis unido que nunca.

Os locais non se renden aínda que non terminan de crear ocasións de gol, todo o contrario que nós que puidemos sentenciar o partido en dúas xogadas moi claras. Nunha dela Roberto plántase diante do porteiro, recorta ao defensa que vén tapar, regatea ao porteiro e o seu disparo sácao un defensa na liña de gol. Na segunda Iago recibe o balón e o seu disparo sácao un defensa co meta xa batido.

A falta de tres minutos para o tempo regulamentario os locais conseguen o empate nun balón que chega ao segundo pau e é rematado de cabeza polo dianteiro que estaba libre de marca nun gran fallo defensivo.

O árbitro volveu descontar 6 minutos e aínda que ningún equipo conformábase co empate o marcador non se moveu.

O próximo partido xogámonos unha gran parte das nosas aspiracións ante o Polígono, equipo que, como o noso, loita por meterse na fase de ascenso.

Goles: Gabri e Angel

Xogaron polo Ribeiro: Kike, Xian, Dani, Juanma, David, Jonatán, Angel (Izan), Jose (Cani), Iago, Roberto e Gabri