Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa

pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva.
Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.

Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva.
Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.

 

 

 


 

Moitas ocasións desperdiciadas

Partido xogado nun Xestal de terra que se atopaba en moi malas condicións para poder realizar un fútbol combinativo, aínda así os dous equipos intentárono.

Os nosos saíron ben e achegábanse con perigo ao área visitante, creando unha clara ocasión por medio de Iago que enviou fóra.

O Verín que non chegara con claridade á nosa área adiantouse despois de que Chechu no seu intento de despexe introduciu o balón na nosa propia portería. O autogol pasounos factura e custounos coller novamente o ritmo. Gabri nunha boa xogada consegue o gol do empate de tiro cruzado. Pouco despois o porteiro visitante consegue desviar un novo disparo de Gabri.

Os seguintes momentos foron moi intensos e creamos varias claras ocasións de gol que non soubemos materializar. Cando ía chegar o merecido descanso o Verín consegue adiantarse novamente con outra xogada desgraciada. 1-2, descanso e outra vez ter que remar contra corrente.

Nada máis dar comezo a segunda parte Roberto consegue o empate de disparo cruzado que o meta non logra desviar o suficiente.

Parecía que todo ía cambiar pero as claras ocasións que creabamos non conseguiamos culminalas.

O Verín que loitou moitísimo cada balón conseguía o 2-3 nunha gran xogada individual do seu dianteiro centro.

Os nervios deron paso á présa o que nos deu menos control de xogo aínda que as claras ocasións de gol seguían xurdindo.

Cando o partido estaba no desconto, na xogada menos clara do partido Gabri facía a igualada de cabeza axudado polo defensa.

Aínda deu tempo para a polémica cando a árbitro anulou un gol que nos pareceu legal e que nos dese a vitoria.

En resumo, partido con numerosas ocasións de gol que non soubemos resolver, puidemos contabilizar ata 8 man mano dos nosos dianteiros contra o porteiro, e xogo disputado de poder a poder entre dous equipos bos equipos nunha competición máis igualada do que din os resultados.

O próximo rival o Antela, equipo xa clasificado para a fase de ascenso que nolo porá moi difícil.

Goles: Gabri (2), e Roberto

Xogaron polo Ribeiro: Kike (Borja), Chechu, Dani, David, Jonatán (Borja), Angel (Xian), Izan (Juanma), Jose , Iago, Roberto e Gabri