Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa

pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva.
Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.

Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva.
Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.

 

 

 


 

Goles e fútbol

Volvía o fútbol logo das festas do Nadal e fíxoo con choiva de goles nunha mañá moi fría.

Comezamos o partido moi fortes e pronto marcamos o primeiro ao aproveitar Gabri un gran pase de Iago e elevar o balón por encima do porteiro. Pouco despois Gabri aproveita unha indecisión da defensa visitante para pór o 2-0.

O partido non podía comezar mellor e iso deu moita tranquilidade ao equipo que xogou tocando moito e creando moitas ocasións de gol. Nunha delas Angel recolle o balón e dispara para pór o 3-0.

O Ourense intentábao con balóns por detrás da defensa pero todos estaban moi atentos e desbarataban as ocasións vermellas, aínda que chegando ao descanso o árbitro concedeu un gol en claro fóra de xogo que deixaba para a segunda parte máis emoción.

Pero na continuación todo seguiu igual, os nosos dando mostras do seu xogo de toque e creando ocasións. Moitas delas desperdiciáronse, pero outras acabaron en gol.

Gabri que conseguía marcar por terceira vez, Roberto con dous goles e Iago pecharon a goleada.

O Ourense, que marcou outro gol nesta segunda metade, foise desinflando segundo entraban os goles.

Ao final tres puntos máis que darán moita moral a un equipo necesitado dela.

Goles: Gabri (3), Angel, Iago e Roberto (2)

Xogaron polo Ribeiro: Kike (Brais), Xian, Chechu, , Dani, Jonatán (Borja), Angel, Izan, Jose , Iago, Roberto e Gabri