![]() |
![]() |
|
Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate. Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva. Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.
|
Derrota moi dolorosa Partido xogado na mañá do domingo cunha temperatura moi moi baixa. Comezamos ben situados controlando o balón e non dando opción ao rival. Aos 10 minutos nun roubo de balón Dani envía en longo a Gabri que marca á saída do porteiro visitante. Puñámonos por diante na primeira ocasión de gol, algo que ocorría por primeira vez na tempada. Seguiamos ben situados no terreo de xogo o que provocaba as reiteradas perdidas de balón do rival. Tivemos unha clara ocasión que Gabri non atinou a introducir e que nos privou dunha vantaxe merecida. Ao fío do descanso nun tiro afastado do dianteiro pontino empatáronnos. Intentamos recuperarnos e Roberto puido pornos en vantaxe pero non o conseguiu. Con empate fómonos ao descanso. Nada máis comezar o segundo tempo a Ponte logra adiantarse no marcador nun disparo desde a frontal e aproveitar un rebote na defensa local que cambiou a traxectoria do balón e que despistou a Kike. Outra vez a remar a contra-corrente sen merecelo. Seguiamos controlando o partido pero as présas facíanos caer e un pouco na precipitación. Angel, Gabri, Roberto e Izan tiveron o empate nas súas botas pero non o conseguiron ata que a falta de 15 minutos Roberto, en xogada persoal, consegue pór as táboas no gran marcador virtual do Xestal. Non nos conformabamos co empate e aínda tivemos algunha ocasión pero segundo ía transcorrendo o tempo o Ponte tiña máis tempo no seu poder o esférico. Co tempo regulamentario acabado o equipo visitante logra a vitoria ao aproveitar o erro da zaga local na saída dun córner. O noso equipo segue crecendo no futbolístico pero a sorte non nos acompaña este ano. Esperemos que o ano que vén sexanos máis propicio e os resultados únanse aos merecementos do equipo. Feliz Nadal e que o ano que vén sexanos propicio Goles: Gabri e Roberto Xogaron polo Ribeiro: Kike (Brais), Cani, Juanma, , Dani, David (Xian), Chechu, Izan (Pablo), Jose , Angel (Jonatán), Roberto
|
||||||||||||||