![]() |
![]() |
|
|
Nova vitoria ante o Pabellón C e a semifinais Partido de volta dos Cuartos de final de Copa Deputación entre os nosos cadetes e o Pabellón. O noso equipo moi sólido atrás non daba opcións e ata se adiantou no marcador por medio de Roberto. O Pabellón nunha xogada illada empatou pondo emoción ao partido e chegándose ao descanso con ese marcador. Tras a continuación os nosos botábanse máis para atrás xogando co tempo e o marcador e algunha que outra contra perigosa. Volvémonos a adiantar ao aproveitarse Rodrigo dunha xogada de estratexia. O equipo visitante intentábao pero podía coa nosa defensa ata que nun tiro afastado Kike non chegou ao balón que entraba moi preto do traveseiro. O empate non puña en risco a eliminatoria, aínda así Robertiño levou o xubilo a todos os xogadores e siadeiros cun gran gol que puña broche de ouro ao traballo do equipo. En semifinais espéranos o Calasancio B, primeiro en Monforte, unha eliminatoria que será moi complicada pero os nosos son capaces de todo
|
||||||||||||||