![]() |
![]() |
|
|
Vitoria ante o Pabellón C Na mañá do domingo disputouse o partido de cuartos de final de Copa Deputación entre o Pabellón C e o Ribeiro. Os nosos partían con moita ilusión de poder enfrontarse ante un equipo que nesta tempada militaba na primeira autonómica. Eso levoulles a tomarse o partido moi en serio desde o primeiro minuto. Xa na primeira parte marcamos o primeiro gol e sufrimos unha boba expulsión que provocou un esforzo extraordinario de todo os nosos mozos. de todas maneiras conseguimos un segundo gol que pon a eliminatoria ao noso favor. O partido de volta será un partido moi diferente así que teremos que saír moi concentrados se queremos xogar as semifinais ante o vencedor da eliminatoria Calasancio- Barco(2-1 na ida). Pola tarde os cadetes tiveron a súa merecida homenaxe polo ascenso conseguido á primeira autonómica no partido de 2ª rexional entre o Ribeiro e o Leiro (agradecer ao Leiro a súa predisposición a realizar o corredor por segundo ano consecutivo)
|
||||||||||||||