Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa

pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva.
Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.

Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva.
Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.

 

 

 


 

Derrota nun partido ben xogado

Partido xogado o domingo pola mañá no campo de herba artificial dos Carrís, o cal atopábase, como sempre en perfectas condicións. Hai veces que sentimos unha gran envexa cando visitamos campos como o do Barbadás e sempre soñas en que algún día poderemos gozar dun, aínda que non sexa igual.

O partido presentábase como unha oportunidade de demostrar que o noso equipo está mellorando e o certo é que a pesar do resultado conseguiuno.

Comezamos moi ben situados, sen dar moitas opcións ao rival que o intentaba, pero chocaba unha e outra vez coa nosa defensa.

Os nosos saían en rápidos contra-ataques pondo en problemas ao equipo local. De todas as maneiras o Barbadás atopouse co gol ao cuarto de hora cando aproveitaron o rexeite do traveseiro para introducir o balón na portería defendida por Kike. O Ribeiro non se descompuxo e conseguiu o empate ao transformar Roberto un claro penalti. Levabamos trinta minutos de xogo.

Con este resultado de empate fómonos ao descanso.

Aos 2 minutos da continuación adiantámonos no marcador cando Gabrie recolle o rexeite do porteiro local, pasa a Roberto que marca o 1-2. Nesta xogada o bo gardameta do Barbadás lesiónase e é substituído. Esperamos unha pronta recuperación.

O Barbadás intenta volver pór as táboas no marcador, pero os nosos senten seguros en defensa, ata algúns dos nosos ataques son perigosos, sobre todo nunha ocasión de Roberto que o porteiro logra desviar. Pero a mala sorte que nos persegue esta tempada volve aparecer no peor momento. Nun tiro afastado que non atopaba porta é desviado polo noso defensa e o balón introdúcese sen remisión.

A forma na que se produciu o empate desconcertounos e pagámolo cun novo gol ao aproveitar un mal despexe da nosa defensa que deixou o balón morto na área pequena, a mercé do dianteiro que non desperdiciou a gran oportunidade dada.

O Barbadás soubo manexar a vantaxe e a pesar dos intentos non puidemos igualar.

Cando o partido acabábase o dianteiro local conseguiu o definitivo 4-2 en xogada persoal.

O resultado é xusto xa que o líder da categoría xogou un bo partido e aproveitou os erros nosos, pero nos queda unha boa sensación polo xogo demostrado aínda que temos bastante marxe de mellora.

O próximo partido ante o Ponte Ourense marcará en certa forma noso obxectivo xa que iniciamos unha serie de tres partidos que xogaremos en casa e daranos a oportunidade de sumar uns puntos vitais.

Goles: Roberto (2).

Xogaron polo Ribeiro: Kike, Cani (Arturo), Juanma, Dani, David (Ángel), Jonatán, Chechu, Iago, Jose (Izan), Roberto e Gabri.

Foto do barbadasbase.blogspot.com/