Obxectivo cumprido

O sábado ás 11:30 comezaba o partido decisivo para coñecer o equipo que pasaría á seguinte rolda da Copa.

Presentouse o Ribeiro no campo do Velle, con certo temor ao rival que se presentaba con opcións de ser o campión do grupo.

E notouse na primeira parte, con falta de anticipación nos movementos dos dianteiros do Ribeiro que aínda así se adiantaron cun gol de Poni nun balón solto tras un saque de esquina.

Pola súa banda o Velle, respondeu cun gol conseguido tras un fallo defensivo despois do saque dunha falta, que lle deu ás no que quedaba da primeira parte.

No segundo tempo, o Ribeiro tomou posesión do terreo e deixoulle facer o fútbol impreciso ao rival para contrarrestalo con pases precisos que darían froito con 5 goles, realizados por Rodrigo, Yago, Roberto ( de penalti) e Romario en dúas ocasións.

Ao final víronse goles e un fútbol bonito que puxo de manifesto a superioridade do Ribeiro.

Con este resultado conseguimos o pase á seguinte fase cos equipos da primeira autonómica