![]() |
![]() |
|
Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate. Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva. Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.
|
Clara vitoria baixo a chuvia Partido xogado na mañá do sábado no campo de terra do Xestal. Debido ás choivas caídas durante estas semanas o estado do campo de herba non era o adecuado para xogar un partido de fútbol e tivemos que disputalo neste. Pedimos desculpas aos siadeiros de ambos dous equipos por ter que sufrir tantos inconvenientes, sobre todo nun día como o de onte no que non parou de chover. O campo de herba artificial non é só unha necesidade, novamente posta de manifesto, senón un dereito ao que non podemos nin debemos renunciar. O encontro presentábase con certa intranquilidade a pesar do resultado do partido de ida, xa que o estado do campo e a progresión do rival podía facérnolo pagar moi caro. Pero os nosos cadetes saíron bastante enchufados e xa desde o primeiro momento puxo distancia no marcador o que deu tranquilidade ao equipo, algo que necesitamos urxentemente. Foi un primeiro tempo de clara cor amarela onde as ocasións sucedíanse, aínda que o resultado no descanso foi de 4-0, quizais demasiado curto para as ocasións creadas. Os goles foron marcados por Roberto (2), Angel e Arturo. A segunda parte foi un pouco máis igualada. O Pabellón saíu con outras intencións, loitando moito máis e intentando acurtar distancias. Os nosos baixaron o nivel do xogo, en parte polo rival e en parte pola diferenza no marcador, aínda que tivemos bastantes ocasións claras que unhas veces polo porteiro visitante e outras pola falta de puntería non puidemos materializar. Neste período Chechu marcou o quinto gol. O Pabellón, que previamente marcara o seu gol puido tamén ampliar o marcador, sobre todo en dúas faltas directas que o noso porteiro Kike puido desviar nunhas estiradas soberbias. A parte negativa do encontro púxoa a lesión de Brais que sufriu un golpe que lle fixo retirarse do encontro aos 18 minutos do comezo. A próxima semana enfrontarémonos ao líder, o Barbadás, coa intención de porllo moi difícil. A situación do equipo na actualidade é cada vez mellor, o que nos fai ver as cousas con optimismo. Somos quintos na clasificación e co punto de mira nos postos de promoción. Goles: Arturo, Angel, Roberto (2) e Chechu. Xogaron polo Ribeiro: Brais (Kike), Cani (Borja), Juanma, , Dani, David (Claudio), Jonatán (Pablo), Izan, Iago, Jose , Angel, Roberto (Chechu).
|
||||||||||||||