![]() |
![]() |
|
|
Ribeiro 4 Oira 0 Bo partido, o xogado no campo de San Cristovo, nunha boa mañá de Domingo e cun fútbol de calidade por parte do equipo de casa, que dominou en todas as facetas do xogo. Comezou a primeira parte coa posesión do balón e do terreo en mans do Ribeiro, que xogou con bos pases e cambios de dirección continuos que melloraban no momento que se dirixían ás bandas. Multiplicábanse as ocasións de gol que se materializarían no gol de Yago a tiro cruzado desde a dereita. O Oira aproveitou un contragolpe para achegarse ao área do Ribeiro, coa que sacou un penalti que Quique despexou mandando o balón a corner. Nas postrimerías da segunda parte, notouse algo de relaxación no Ribeiro que comezou separando as liñas, dando ao Oira máis terreo de xogo, co que chegaron a dar algo de traballo ao porteiro do Ribeiro. Pitouse un penalti a favor do Ribeiro marcado por Roberto, a expulsión de Rodrigo por xogo perigoso, o terceiro gol marcado por Yago de tiro raso e un despexe do porteiro do Oira que sería aproveitado polo " infantil" Antón, para deixar o marcador no definitivo 4-0
Goles: Iago(2) e Roberto e Antón
|
|||||||||||||||||