![]() |
![]() |
|
Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva. Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar. Con todo por decidir comeza a segunda metade e o Orense consegue novamente adiantarse no marcador. Os nosos non dan o partido por perdido pero o balón non entra e o partido complícase. Os locais aproveitan os nervios da nosa defensa pero ou se entreteñen á hora de disparar ou Kike desbarata as ocasións creadas e non pechan o partido. Nunha cesión curta da defensa do Orense recolle Roberto o balón que o cede a Gabri para que consiga o empate.
Os nosos intentan facerse cos tres puntos na recta final do encontro pero atopa a derrota nunha indecisión da nosa defensa, conseguindo a terceira derrota consecutiva. Neste partido a actitude foi moi diferente e aínda que a sorte deixounos debemos ter claro que é o camiño para comezar a sumar puntos. Ánimo que isto acaba de comezar.
|
INFORME DA PRIMEIRA AUTONOMICA CADETE Unha vez terminada a primeira volta é hora de facer balance da competición dando datos obxectivos e valoracións que aínda sendo subxectivas son realizadas desde unha análise exhaustiva.
De aí ata o oitavo posto todos os equipos ten posibilidades de meterse nos postos de privilexio quedando fora deste grupo o Celanova, que ou moito cambia ou ten unha praza asignada para o descenso de categoría. En resumo é unha categoría moi igualada. En cada xornada pódense producir calquera resultado que altere os postos clasificatorios dos equipos. En relación co noso equipo podemos sinalar varias causas que motivaron o baixo rendemento en canto a resultados nesta primeira volta. En primeiro lugar a planificación do equipo non foi a correcta. Comezamos a pre-tempada cun número excesivo de xogadores para un equipo (22) e a necesidade de conseguir uns cantos xogadores máis que fixesen posible o obxectivo marcado a tempada anterior de ter dous equipos na categoría cadete. Segundo ía pasando o tempo iamos vendo máis complicado cumprir a nosa primeira intención polo que houbo que recorrer a outros plans. Todo iso atrasou a preparación que unido ao litixio que tivemos co Ribadavia Atl. polo uso do campo de herba do Xestal fíxonos perder moito tempo, o cal estamos intentando recuperar. A disputa fixo que xogásemos o primeiro partido sen adestrar nin un só día no Xestal de herba, así como cambiar a orde dos partido para evitar, no posible, enfrontamentos. Unha análise dos números do equipo nesta primeira volta indícanos unha mellora no aspecto defensivo segundo foi avanzando a competición en detrimento do aspecto ofensivo. Indicar que nesta primeira volta o equipo xogou 3 partidos en casa, conseguindo 6 puntos (só se perdeu co líder, o Barbadás) e 6 partidos fóra, sumando 5 puntos(1 vitoria, 2 empates e 3 derrotas). Os números do equipo:
Os seguintes xogadores colaboraron co equipo xuvenil participando en varios encontros: Claudio, Pablo, Juanma, Xian, Brais, Jonatán, Arturo, Cani, Kike, Chechu e Poto (éste último pertenece ao equipo xuvenil desde a 2ª Xornada)
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||