Partido igualado cun tempo para cada equipo.
No primeiro tempo dominio claro do Promesas que tivo varias ocasións para marcar, aproveitaría unha delas mediado este periodo co cal chegariamos o descanso con marcador de 1-0 para os locais.
O noso equipo non deu a talla ata o descanso, xa que non contamos con ningunha ocasión reseñable.
No segundo tempo o Ribeiro mellorou e logrou crear perigo ante a porteria local. Así Aaron a falta de 12 minutos faría o empate. Dende ahi ata o final do partido, voltou o Promesas a inquietar a portería de Borja pero xa non se volvería a mover o marcador.
O resultado pódese considerar xusto, aínda que se alguén se mereceu os tres puntos ese equipo foi o Promesas. O noso equipo voltou a ser o que acostuma a ser fora da casa, un equipo totalmente distinto o que xoga en San Cristovo. Na casa somos un equipo moi forte e moi dificil de gañar, sen embargo fora baixamos moito e somos moi vulnerables. E unha asignatura pendente que trataremos de correxir na segunta volta.
No seguinte partido recibiremos o Ourense, outro rival directo, esperemos aproveitar o factor campo e así acabar a primeira volta cun resultado positivo.