Partido sen historia, xa que o Calasancio B só puido pornos en apertos os 10 primeiros minutos do partido.
Despois o Ribeiro asentouse no terreo de xogo e cun fútbol rápido non deixabamos opcións ao rival que quería pero non podía
. Ao descanso fómonos cun claro 0-5 ao noso favor.
A segunda parte a pesar de realizar os cinco cambios o equipo seguiu manexando o partido marcando tres goles máis.
Ao final 1-8 no marcador que deixa moi claro o discorrer do encontro
Xogaron polo Ribeiro: Brais (Diego); Borja (Héctor), David (Chispas), Chechu e Xián (Sergio); José, Arturo, Gabri, Carlos (Kevin), Izan e Antón.
Goles: Arturo, José, Gabri (3), Antón (3). Os goles podes velos aquí

Os nosos
|