Bo partido entre dous equipos que intentan xogar o balón

Partido xogado na mañá de hoxe no campo do Souto (San Cristovo).

O partido presentábase coa incerteza de saber se lle afectou aos nosos a xornada de descanso. Pero non, saímos moi concentrados, presionando moi preto da área rival e sen dar opción a un bo equipo que quería en todo momento xogar o balón.

O primeiro gol chegou, como é habitual, logo de xerar varias ocasións de gol e desperdicialas. O seu autor foi Antón ao levantar o balón ao porteiro na súa saída. O segundo repetiu Antón ao recoller un bo pase de jose ao bordo do área e marcar sen que o porteiro puidese evitalo.

Xusto antes de irnos ao vestiario o Verín tivo unha gran ocasión que non puideron materializar e que dese un aliciente maior á segunda metade.

O descanso chegou con 2-0 e contentos co resultado e o xogo realizado.

Pero a segunda parte recordounos outros partidos onde sufrimos máis da conta.

O Verín fíxose co mando do encontro cunha boa disposición no terreo de xogo, mentres os nosos, aínda que non pasaron moitos apuros, non conseguían facerse co balón.

No entanto nunha xogada rápida Gabri é obxecto de penalti, o cal transforma el mesmo, conseguindo o 3-0.

O Verín non baixou os brazos e seguía pondo moita intensidade en todas as súas accións e conseguindo o 3-1 de tiro afastado que se coa na portería do meta Diego.

No saque de centro Gabri consegue o 4-1 logo de driblar ao porteiro visitante e marcar a porta baleira.

En definitiva bo partido o disputado polos dous equipos, sorprendéndonos de forma positiva o Verín, sobre todo no bo trato que teñen co balón.

Con este resultado seguimos no terceiro lugar da clasificación empatados a puntos cos segundos, o Pabellón B.


Xogaron polo Ribeiro: Brais (Diego); Borja (Héctor), David, Chechu e Xián (Sergio); José, Arturo, Gabri, Carlos (Chispas), Izan (Claudio) e Antón.

Goles: Gabri (2), Antón (2). Os goles podes velos aquí

Os nosos

Un bo equipo, o Verín

O árbitro da contenda cos capitáns