Partido de volta das semifinais de Copa Deputación disputado nas magníficas instalacións dos Remedios, cando poderemos gozar dunhas parecidas.
Os nosos infantís viñan cunha vantaxe de dous goles do partido xogado en San Cristovo (4-2). Esa vantaxe marcou o desenvolvemento do partido xa que os nosos saíron a defendela e intentando saír ao contraataque en canto puidesen.
O Pabellón saíu sen moitas présas intentando chegar á nosa área polas bandas.
Durante os primeiros vinte e cinco minutos aínda que a iniciativa era do equipo local nós saïamos con algún perigo. Pero pasados estes minutos o Pabellón puña cerco á nosa portería e adiantábase no marcador á saída dun córner.
O Pabellón seguía intentándoo pero os nosos resistían as arremetidas ata que chegou o descanso.
A segunda parte iniciouse como terminou a primeira. Xogo rápido e bonito do Pabellón e nós intentando defendernos como podiamos.
O segundo gol estaba cantado e chegou cando remataron un novo córner sen oposición no segundo pau.
A eliminatoria estaba perdida pero aínda quedaban dez minutos para intentar marcar. E chegou. Faltaban cinco minutos cando Antón recolle un balón e pásallo a Gabri por encima da defensa que controla e marca cruzándolle en esférico ao porteiro na súa saída. Un gol que vale unha final.
Dese momento ata o final do partido pasaron dez minutos (cinco de desconto) e o marcador non se moveu.
Destacar o gran xogo do Pabellón que, ao contrario do partido de ida, foi moi superior aos nosos e a gran loita dos nosos que o deron todo e que chegan á final por merecementos propios.
Parabén a todo o equipo, aos siadeiros e ao club en xeral polo traballo realizado e felicitar ao Pabellón B e máis particularmente ao seu adestrador, Julio Pablo, polo seu gran traballo con todos os seus mozos, no futbolístico e no humano.
Xogaron polo Ribeiro: Brais; Rojo, David, Chechu e Borja (Kevin) ; José, Arturo (Héctor) , Gabri, Izan (Sergio) , Chispas e Antón.
Goles: Gabri