Non puido ser

Partido de volta da Fase de Ascenso á Liga Galega disputado na tarde do sábado cunha calor asfixiante e con moito público nas bancadas do campo do Souto que deu un ambiente moi especial ao encontro. Este ambiente xunto coa transcendencia do mesmo fixo que os nenos saísen ao terreo de xogo con moitos nervios.

No partido de ida o resultado foi de empate a dous, polo que todo estaba por decidir.

Comezou mellor o Caldas facéndose dono do centro do campo, aínda que sen crear perigo, todo o contrario que nós que conseguimos adiantarnos no marcador con gol de Gabri a pase de Arturo.

Antes do descanso puidemos pór máis vantaxe pero non foi posible.

A segunda parte sabiamos que ía ser moi dura. A calor desgastounos e a corpulencia física do rival era maior.
E así foi, o Caldas aproveitou pronto unha indecisión da nosa defensa para empatar e un pouco máis tarde porse por diante nun gran gol do dianteiro pontevedrés.

Os nosos sentiron o golpe pero este é un equipo que necesita moitos golpes para ser tombado.

Conseguimos empatar por medio de Gabri e ata pornos por diante nun remate de José. Pero a sorte non estaba do noso lado. Nun balón parado volvéronnos a empatar nunha xogada moi embarullada que foi rematada en última instancia polo dianteiro coa man. O árbitro deu o gol. No seu defensa dicir que era moi difícil de ver esa acción como se demostra nas imaxes do vídeo.

Todo estaba por decidir, aínda que o Caldas neses momentos estaba clasificado.

Os nosos sacaron forzas de fraqueza e produciuse a outra xogada polémica: Gabri vaise só a portería e é derrubado fose da área polo porteiro na súa saída desesperada. O árbitro decide sacar o cartón amarelo en lugar da vermella. Mala sorte, xa que faltaban 12 minutos para a finalización do partido e quedaba tempo suficiente para un último esforzo.

Pero foi todo o contrario, nós xogando con dez, Gabri atopábase fóra do terreo de xogo sendo atendido da dura entrada, cando o Caldas sentenciaba a eliminatoria.

Pouco máis tarde, e cos nosos esgotados polo esforzo e a calor, o equipo visitante volvía marcar pondo o definitivo 3-5.

Felicitar ao Caldas que xogarase o ascenso co Corujo e desexámoslle toda a sorte do mundo.


Destacar novamente o bo ambiente do que gozamos no campo do Souto e a gran deportividade demostrada por todos tanto dentro como fose do campo. Oxalá todo os partidos da base puidésemolos gozar así.

Agora toca pensar na Copa Deputación, cuxo partido de semifinais xogarase a semana que vén ante o Pabellón. Esperemos que os nosos recupérense pronto, física e mentalmente, e afronten o partido coas forzas intactas

Xogaron polo Ribeiro: Brais (Borja); Xian (Sergio), David, Chechu e Borja (Rojo); José, Dani (Claudio), Gabri, Arturo , Antón e Izan (Carlos)

Goles: Gabri (2) e José Os goles podes velos aquí

O Caldas C.F.

Os capitáns co trío arbitral. Boa labor dos colexiados

O Ribeiro infantil. Dérono todo para poder pasar a eliminatoria. A sorte e a maior corpulencia do rival impedírono