As espadas en todo o alto

Partido de ida da promoción de ascenso a Liga Galega entre o Caldas e o noso equipo infantil.

O descoñecemento do equipo contrario era total e provocou certo nerviosismo que foi diminuíndo segundo pasaban os minutos.

Comezamos a crear ocasións, inaugurando o marcador por medio de Gabri. novamente noso dianteiro repetiu un pouco máis tarde ao recoller un balón nun saque de esquina.

Co resultado de 0-2 fómonos ao descanso.

A segunda parte comezou igual que a primeira, control do noso equipo que creaba algunha ocasión, aínda que cada vez máis intermitentes.

O Caldas meteuse ao partido cando o dianteiro pontevedrés aproveitou un balón longo para bater a Diego na súa saída.

O Caldas fíxose máis forte mentres os nosos acusaban o cansazo.

O empate veu nunha xogada de mala sorte cando o balón quedou morto aos pés do dianteiro que non tivo problemas en marcar.

O empate deu ás ao equipo local que nos encerraba no noso campo sen poder ter resposta pola nosa banda debido ao cansazo.

Puidemos aguantar o resultado ata o final e manter as opcións de pasar a eliminatoria no partido de volta . Non vai ser fácil visto o potencial do Caldas pero os nosos están moi ilusionados e estamos seguros que darán todo por conseguir o pase.

O sábado comprobarémolo.

Xogaron polo Ribeiro: Diego (Brais); Rojo (Claudio), David, Chechu e Borja (Héctor) ; José, Arturo, Gabri , Izan (Kevin), Chispas (Sergio) e Antón.

Goles: Gabri (2)

Os resultados da Fase de Ascenso do Grupo Sur son:

Alondras 2 Arcade 1
O Condado 5 Vilalonga 0
Unión Grove 2 Antela 1
Portonovo 3 Verín 1
Coruxo 2 Alerta 0
Caldas 2 Ribeiro 2
Mondariz 3 Pabellón Promesas 2
Colexio Hogar 2 Santa Mariña 2

Os nosos