Collemos ventaxa nas semifinais da Copa Deputación

Semifinais de Copa Deputación entre o Ribeiro e o Pabellón B, campión de liga. Un partido que se presumía moi disputado e non defraudou.

Os dous equipos saíron dispostos a dalo todo e desde o primeiro momento non daban tregua ao rival. O Pavillón facíase co centro do campo pero os nosos respondían con xogadas claras de gol. Así veu o primeiro obra de Antón ao rematar un córner sacado por Gabri.

Os nosos puideron porse cunha vantaxe máis ampla pero Gabri non acertou coa portería en dúas xogadas moi claras.

O Pabellón seguía mandando aínda que non chegaba con claridade. Só os tiros afastados facían intervir a Brais, que nun deles confiouse e o balón entrou na portería sen oposición. Era o empate co que nos fomos ao descanso.

O inicio da segunda parte non variou moito ata que nunha falta sacada polos visitantes o balón entraba despois de que o noso porteiro desviáseo, pero non o suficiente.

Os nosos como adoita ser habitual neles crecéronse ante a adversidade e nun claro penalti realizado a Izan, Antón puxo o empate. Pouco despois nunha falta maxistralmente sacada por Antón puxémonos por diante no marcador, o cal moveuse novamente cando Gabri culminou adiantándose ao porteiro por velocidade.

Ao final un 4-2 que deixa aberta a eliminatoria, que se decidirá nos Remedios.

Destacar a a deportividade de todos os xogadores, adestradores e seguidores de ambos os conxuntos, así como a pelexa deportiva demostrada no campo.

Xogaron polo Ribeiro: Brais; Xian (Sergio), David, Chechu e Borja (Héctor) ; José, Carlos (Rojo), Gabri , Izan (Claudio), Chispas e Antón.

Goles: Antón (3) e Gabri . Algúns dos goles podes verlos aquí

Os nosos

O campión de Liga o Pabellón B

Bo arbitraxe do a´rbitro nun partido marcado pola deportividade