O sábado nunha mañá asollada e calorosa o Ribeiro infantil apropiouse dunha das prazas que dan dereito a xogar as semifinais de Cópaa Deputación ao vencer ao Santa Teresita por un contundente 2-12. Os nosos saíron co obxectivo de marcar diferenzas canto antes para evitar complicacións e conseguir os tres puntos e os goles non se fixeron esperar. José abriu o marcador, Gabri continuou e Antón marcou o terceiro cando non levaban nin 15 minutos.
O partido, a partir dese momento, deixou de ter algo en xogo aínda que os goles seguían caendo, ata 8 antes do descanso.
No segundo tempo o ritmo baixo moito debido tanto ao resultado como á calor, chegando ao final co resultado de 2-12.
Destacar a todo o equipo do Santa Terisita que a pesar da diferenza entre os dous conxuntos nunca baixou os brazos e comportáronse cunha enorme deportividade. Desde aqui ovacionar o labor do seu adestrador e, por suposto a de todo o club.
Xogaron polo Ribeiro: Diego ; Xian (Rojo), David (Brais), Chechu e Borja (Héctor) ; José, Carlos (Kevin), Gabri , Izan , Chispas (Sergio) e Antón.
Goles: Gabri (2), José (2), David (3) e Antón (5). Algúns dos goles podes verlos aquí

Os nosos
|