O partido decidiuse no primeiros 10 minutos

Na previa do partido xa diciamos que os nosos necesitaban a vitoria para seguir optando á clasificación para as semifinais e demostraron desde o principio que ían dalo todo.

Saíron con moita intensidade e aos cinco minutos xa gañabamos por 2-0, goles marcados por Gabri.

O Calasanncio intentou recuperarse pero Gabri volveu demostrar que é un dos xogadores máis desequilibrantes da categoría e volveu marcar por partida dobre.

Ao pouco o Calasancio marcou dunha gran volea á que Brais non puido facer nada e Gabri, novamente, pechou o marcador no primeiro tempo.

A segunda parte comezou con cambios na aliñación e nas posicións o que non afectou ao desenvolvemento do partido. O Ribeiro seguiu sendo superior e o Calasancio en canto intentaba reaccionar atopábase cun novo gol.

Nesta segunda parte marcaron Chechu, Izan, Antón e Gabri que pechou a súa conta goleadora e a do equipo.

Paso adiante que deberán confirmar no próximo partido ante o Santa Teresita.

Xogaron polo Ribeiro: Brais (Diego); Xian, David (Héctor), Chechu e Borja (Rojo); José, Sergio (Kevin), Gabri , Izan , Chispas (Carlos) e Antón.

Goles: Gabri (6), Izan, Chechu e Antón. Algúns dos goles podes verlos aquí

Os nosos