Volta a senda da vitoria

Segunda xornada de Copa Deputación.

Logo da derrota na primeira xornada non podiamos ceder máis puntos para seguir con opcións e conseguímolo.

Na primeira parte e logo de ter que madrugar para xogar saímos moi serios en defensa pero con carencias notables no choque, todos os rebotes eran para o Ourense que tiña máis forza e velocidade no centro do campo. a pesar diso os nosos infantís tiveron as mellores ocasións pero sen chegasen a subir ao marcador.

A segunda parte foi distinta. Saímos con máis motivación, máis espertos o que nos deu maior posesión de balón, combinando ben polas bandas e creando ocasións.

Todo fortaleceuse cos dous primeiros goles, o primeiro de falta directa executada por Antón que resolveu cun pouco de sorte no bote do balón, e cun disparo de Gabri desde fóra da área que deixou o partido sentenciado. O terceiro gol veu tras unha bonita xogada finalizada moi ben por Antón.

Este resultado métenos na pelexa da clasificación nun grupo que estará moi igualado.

O próximo partido ante o Ponte Ourense o día 16, xoves, ás 18:30. Este encontro poderá definir moito a situación.

Xogaron polo Ribeiro: Brais; Xian (Rojo), David , Chechu e Borja (Sergio); José, Arturo (Héctor), Gabri , Izan (Claudio), Chispas (Carlos) e Antón.

Goles: Gabri e Antón (2) Os goles podes velos aquí

Os nosos