Ribeiro 1 - Pabellón Promesas 3
Partido disputado na mañá do domingo no campo de San Cristovo. O encontro correspondía á primeira xornada de Copa Deputación, competición que non pode comezar peor para os nosos intereses e que pon moi difícil a clasificación para as semifinais.
O equipo saíu ben situado e xogando con forza contrarestando os ataques do Pabellón Promesas sen moitos problemas pero sen chegar a inquietar a meta visitante. De todas as maneiras á saída dun córner puxémonos por diante ao rematar Chechu en centro de Arturo.
Parecía que iamos ter máis sorte que en partidos anteriores, pero non foi así, xa que en dous erros defensivos o Promesas adiantouse no marcador, o cal non mover novamente antes do descanso.
O equipo saíu con ganas na continuación pero un novo erro defensivo fixo que o equipo visitante puxese máis vantaxe e complicase moito máis o partido.
Logo duns momentos de incerteza o equipo asentouse sobre o campo e intentou recortar distancias pero non fomos capaces de perforar novamente a portería rival a pesar de contar con boas ocasións para facelo.
Esperemos que esta derrota non inflúa nos ánimos dos xogadores e consigamos a vitoria no difícil campo do Orense no seguinte partido que nos devolva a confianza e as opcións de clasificación.
Xogaron polo Ribeiro: Brais (Diego); Xian, David, Chechu e Borja (Rojo); José, Dani (Carlos), Sergio (Kevin), Arturo , Antón e Izan