O Ribeiro despide a Liga cunha derrota na súa visita a Oira.
O partido presentábase como preparación para as novos retos aos que se enfrontarán os nosos. A proba, a pesar do resultado, podemos considerala positiva xa que o equipo soubo adaptarse ás dimensións do terreo de xogo aínda que tardou un pouco en facelo, xusto o tempo que necesitou o rival en porse por diante no marcador.
Os nosos que desaproveitaron numerosas ocasións de gol durante todo o partido, conseguiu o empate antes de chegar ao descanso cun gol de Gabri.
Na segunda parte cando máis controlabamos o encontro o Ponte conseguiu dous goles que nolo puxo moi complicado. Os nosos, que non deron o partido nunca por perdido conseguiu por medio de Antón acurtar diferenzas pero foi insuficiente.
O Ponte xogou moi motivado, que sumado ao seu bo trato do balón, ao porteiro local e á falta de definición fixo que os nosos saísen derrotados.
Felicitar desde aquí a Mario, adestrador do Ponte B infantil, e a todos os seus xogadores polo bo facer deste equipo non só por este partido senón polo fútbol realizado na tempada.
A liga terminou e co obxectivo de meterse nos postos de promoción de ascenso conseguido, polo que felicitar a todos e ánimo para o o que queda de tempada.
Xogaron polo Ribeiro: Brais (Diego); Héctor (Carlos), David , Chechu e Borja (Claudio); José, Arturo, Gabri , Izan ( Kevin), Chispas (Sergio) e Antón.
Goles: Gabri e Antón Os goles podes velos aquí

Os nosos
|