Así non!

Último partido de liga en casa xogado esta mañá ante o Allariz.

O encontro presentábase sen nada en xogo. Os nosos coa promoción de ascenso no peto e os allaricenses sen perigo de descenso.

Os nosos saíron con algúns dos xogadores menos habituais e comezaron controlando o partido sen maior problemas

Adiantámonos no marcador por medio de Gabri e relaxámonos de tal forma que o Allariz marcou dous goles e fómonos ao descanso cunha sensación moi negativa.

No segundo tempo saímos un pouco mellor e foi suficiente para empatar por medio de Izan e pouco despois adiantarnos ao marca Gabri o terceiro.

Pero o equipo non estaba nada centrado e deu opcións ao Allariz para irse arriba, o que aproveitou no desconto para empatar o partido merecidamente.

Esperemos que os nosos déanse conta que no fútbol hai que correr e loitar cada balón para gañar. Comprobarémolo no último partido de Liga ante a Ponte.

Xogaron polo Ribeiro: Diego; Héctor (Chispas), David , Chechu e Xian (Borja); José, Arturo (Brais), Gabri , Izan ( Kevin), Rojo (Carlos) e Antón.

Goles: Gabri (2) e Izan Os goles podes velos aquí

Os nosos