Nova vitoria dos infantís na 1ª autonómica

Partido disputado o sábado pola tarde entre dous equipos recentemente ascendidos e que intentan clasificarse para os postos de promoción de ascenso a Liga galega. Os nosos xa o conseguimos e o Celanova segue loitando.

Os nosos saíron con algúns cambios, sobre todo de posicións, o que podía producir algúns desaxustes pero que eran resoltos con solvencia pola nosa defensa.

En ataque Arturo tivo varias ocasións de gol e nunha delas abriu o marcador.

O Celanova non creaba excesivas ocasións pero empatou de tiro cruzado ao que Brais non puido facer nada.

Co resultado de 1-1 fómonos ao descanso.

Nada máis comezar a segunda parte Gabri recolleu dous bos pases ao oco que con sendas vaselinas levou o 1-3 ao marcador.

O encontro parecía resolto dada a solvencia do noso equipo que controlaba sen demasiados apuros os intentos de ataque locais. Só os lanzamentos a balón parado púñanos en dificultades. Nun deles Brais é cargado dentro da área pequena e non pode suxeitar o esférico que é introducido na nosa portería por un dianteiro local.

O 2-3 deu esperanzas ao Celanova que intentaba pór máis forza na contenda ata que Antón materializou un penalti realizado a Gabri ao ser agarrado dentro da área.

O 2-4 pechaba definitivamente o encontro.

Con este resultado os nosos aseguran a 4ª praza e intentarán manter a 3ª posición que ocupan na actualidade nos dous partido que lle restan para acaba a competición.

Xogaron polo Ribeiro: Brais; Borja (Rojo), David , Chechu e Carlos (Xian); José, Chispas (Héctor), Arturo (Kevin), Gabri, Izan ( Sergio) e Antón.

Goles: Arturo, Gabri (2) e Antón Os goles podes velos aquí

Os nosos