Gran partido o disputado entre dous equipos que non deron ningún balón por perdido durante os 80 minutos que durou o encontro.
A pesar da garra e forza demostrada polos contendentes o máis importante foi a gran deportividade de todos, xogadores adestradores e seguidores.
Os nosos comezaron moi centrados e creando algunha que outra ocasión de gol aínda que o peso do partido levábao o Pabellón B. Adiantouse o equipo visitante nunha indecisión da zaga local co que nos fomos ao descanso.
Na segunda metade os nosos saíron moi fortes e foron capaces de darlle a volta en poucos minutos, primeiro cun gol de Izan que aproveitou o rexeite do traveseiro a tiro de Arturo para marcar a porta baleira.
O partido mantiña a mesma tónica ata que nun saque de esquina o Pabellón B empatou o partido.
Pouco despois Gabri aproveitou un erro en saque do porteiro para pór o 3-2.
Os nosos defendíanse ben e non pasaban excesivos apuros pero nun tiro desde fóra da área sen perigo aparente o noso porteiro só puido despexalo, deixando o balón ao dianteiro visitante que só tivo que empuxalo.
En definitiva empate que podemos considerar xusto a pesar de que os nosos tiveron a vitoria moi preto.
Con este resultado clasificámonos matematicamente para a fase de ascenso á liga galega. Todo un logro para este equipo recentemente ascendido.
Xogaron polo Ribeiro: Brais (Diego); Borja (Rojo), David , Chechu e Xian (Héctor); José, Chispas , Arturo (Kevin), Gabri, Izan ( Sergio) e Antón.
Goles: Izan, Gabri (2) Os goles podes velos aquí

Os nosos
|