Obxetivo cumprido

Os infantís enfrontábanse ao Calasancio B que xa no partido de ida habían gañada por 1-8. Pero os visitantes empataran co que ata ese momento era o líder da categoría, o Pabellón Promesas, e gando ao Santa Teresita, o que puña incerteza ao partido.

En canto comezou o encontro démonos conta que os nosos faríanse cos tres puntos sen dificultade, a pesar de que nos custou marcar o primeiro gol xa que tivemos cinco claras ocasións de gol que non soubemos materializar.

Este gol veu por medio de Izan ao aproveitar un saque de esquina.

Para o segundo non tivemos que esperar moito. Chegou nunha xogada desgraciada ao introducir o balón na súa propia meta un defensa monfortino.

O terceiro foi obra de Chechu e o cuarto de Antón nunha magnífica volea desde fóra da área.

Co resultado de 4-0 fómonos ao descanso.

Na continuación todo seguiu igual e só a boa actuación do meta visitante evitou unha derrota maior.

Antón conseguiu o quinto ao recoller un bo centro desde a banda de Claudio, e o sexto e último da mañá foi obra de David ao aproveitar outro saque de esquina.

Con esta vitoria necesitamos un punto para xogar a fase de ascenso a liga galega.

Xogaron polo Ribeiro: Diego (Brais); Borja (Héctor), David , Chechu e Sergio (Xian); José, Chispas (Claudio), Rojo (Kevin), Gabri, Izan e Antón.

Goles: Izan, Chechu, Antón (2) e David Os goles podes velos aquí

Os nosos