Nosos infantís viaxaban ata Verín na mañá do domingo despois de que amablemente o Verín accedese a xogar ese día, xa que o equipo quería aproveitar a viaxe para realizar unha visita a terra verinesas e antelanas; o único pero, e non exento de crítica foi a hora de disputa do partido, as 10,30 horas, xa que a maioría dos nenos tiveron que madrugar moito para poder asistir.
O equipo viña coa intención de sacar algo positivo, pero se atoparon cun equipo ben colocado e que non daban un balón por perdido.
Ao comezo do partido xa se albiscaba que ía ser moi difícil. Todos os balóns pelexábanse e as defensas superaban os intentos de achegamento. a pesar diso nós tivemos durante este primeiro tempo as mellores ocasións con varias internadas que o porteiro, moi ben durante toda a mañá, soubo resolver; e excepción de dúas xogadas, unha que o disparo de Gabri repeleuno o poste e a outra o gol que chegou tambén por mediación de Gabri ao conseguir irse do seu marcador e cruzar o balón lonxe do meta verinés.
O Verín tivo a súa ocasión cando o balón escápaselle a Brais e os dianteiros non puideron introducilo na nosa portería.
O descanso chegou con ese curto resultado ao noso favor e sabendo que nos ía a custar moito conseguir algo deste campo.
No segundo tempo as cousas íanse torcendo a medida que pasaba o tempo.
Un gol en propia meta equilibrou o partido e outro máis, tamén introducido por nós mesmos puña en vantaxe ao Verín que lle daba forzas para seguir pelexando.
A partir de aí, e con tempo por diante, fómonos arriba pero a sorte non estaba do noso lado. Un tiro ao poste de Chechu co meta xa batido, tiros dentro da área que rebotaban nas pernas dos defensores e unha gran parada do porteiro do Verín que sacou unha man a tiro de Jose cando o balón xa entraba pola escuadra.
En definitiva, felicitar ao Verín polo traballo realizado aínda que o resultado debería ser outro. Tampouco podemos botar a culpa ao árbitro que fixo moi bo labor. A mala sorte, o madrugar tanto, o cros escolar disputado o sábado por unha maioría dos nosos xogadores, son circunstancias que aínda que inflúen non serven de escusa para a derrota. Tamén hai que traballar máis dentro do campo e loitar cada balón se queremos crecer como deportistas.