Derrota contundente fraguada en 15 minutos.

Partido no cal comenzamos sorprendidos por un rival que nos 15 primeiros minutos xa tiña unha vantaxa de 3 goles e duas ocasións claras erradas.

Os tres goles foron conseguidos da mesma maneira, roubo en medio campo, pase longo a espaldas da nosa defensa e boa definición. Co cal vimonos no minuto 15 con 0-3 e desarbolados por completo por un rival ata o momento moi superior.

A partir do minuto 20 cambiou o panorama e as ocasións chegaron para o noso equipo, ata tres moi claras que non logramos convertir. Tivo que ser de falta a cinco minutos para o descanso cando recurtamos diferencias por medio de Guille.

Na segunda parte tratamos de acercarnos no marcador pero non foi posible. Non fomos capaces de crear o xogo preciso para que chegaran ocasións e goles. Foron eles quen mediado o segundo periodo facian o definitivo 1-4. A partir de ahí xa non oubo máis partido. Incluso Borja onte o mellor do equipo paraba unha pena máxima.

En definitiva felicitar o Promesas que foi xusto vencedor.

En canto a nos, partido fundamental o da vindeira xornada ante o Ourense. Esperamos que as cousas saian mellor e poder colleitar un bo resultado.